A ESEI participa en Edugal

Entre o mércores 9 e o venres 10 de outubro, milleiros de estudantes de secundaria visitaron o recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra co obxectivo de coñecer máis ao detalle diferentes opcións formativas, na décimo terceira edición do Salón de Educación e Formación de Galicia (Edugal), que conta novamente cunha destacada presenza da Universidade de Vigo. De feito, un terzo dos 60 expositores presentes na feira corresponden á institución académica, representada neste evento por 19 facultades e escolas dos tres campus, ás que se suma o posto de Servizos Centrais e do Centro de Posgrao e Formación Permanente. A Escola Superior de Enxeñaría Informática estivo presente cun posto sobre realidade virtual

Defínense estas xornadas coma unha oportunidade de conectar con estudantes de secundaria e bacharelato e incídese na importancia de que a Universidade as súas titulacións e proxectos, que non só se centran na formación teórica, senón tamén na práctica e a inserción laboral, amosen un “escaparate” que permite aos mozos e mozas “tomar decisións informadas sobre o seu futuro”.