Aberto o 2º prazo de solicitude de asignación de prácticas en empresas para as titulacións de Grao e Máster en Enxeñaría Informática.
As solicitudes deben presentarse a través dun dos seguintes formularios:
O/A solicitante indicará ata 5 opcións, por orde de preferencia. Pódense solicitar varias prácticas na mesma empresa (por exemplo, con diferente duración en horas), pero sempre axustándose á oferta da empresa.
IMPORTANTE: hai varias empresas que ofertan diferentes programas formativos, e que se diferencian por un número entre parénteses a continuación do nome da empresa. É IMPRESCINDIBLE que se faga constar o número correcto desa oferta na solicitude.
O prazo de solicitude finaliza o 25 de xaneiro de 2020, ás 23:59 h.
A asignación de prácticas realizarase por orde de expediente, segundo o establecido pola normativa vixente.
Pódese consultar toda a información referente ás ofertas de prácticas na web da ESEI, no apartado de Prácticas en empresa.
Nesta mesma páxina tamén está dispoñible a oferta de Prácticas Extracurriculares, que se xestionarán directamente coa FUVI.