Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business
A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business foi constituída en setembro de 2019 por ALDABA, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, có obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.
Os centros adscritos a esta Cátedra son a Facultade de Informática, no campus de A Coruña da UDC, e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, no campus de Ourense da UVigo.
Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuir á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo, a través de actividade que achegen ao corpo estudiantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén, facilitar a súa integración no mundo laboral, salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.
Por outra banda, a Cátedra promove o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC, de cara a xerar referentes para espertar o interese de nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas. E tamén a difusión das innumerables e salientables contribucións das TIC na mellora dos servizos sociais, culturais, da saúde e, en xeral, da visión máis humana do progreso, lonxe de estereotipos puramente tecnolóxicos.
Ao tratarse dunha Cátedra interuniversitaria, búscase tamén promover sinerxías entre ámbalas dúas Escolas de Informática, propor actividades conxuntas e estreitar lazos.
Sobre ALDABA
ALDABA é unha empresa galega especializada en optimizar procesos de negocio a través das tecnoloxías da información. Os seus servicios abranguen os eidos de Enxeñaría Software, Enxeñaría de Sistemas, e Consultoría TIC. Na actualidade, conta con preto de 120 profesionais distribuídos nas súas oficinas de A Coruña e Ourense. Os seus talentos únense aos dos seus partners, provedores, e clientes, cunha única misión: desenvolvemento de valor real para cada reto de negocio e cada persoa que interactúa con el, a través dos servicios e solucións TIC máis axeitados as súas necesidades.
Contacto
Dirección: Juan Francisco Gálvez Gálvez, catedrático do área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da ESEI e Ana Belén Porto Pazos, profesora titular do área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da FIC.
Vídeos