A súa empresa ou institución pode colaborar coa ESEI ou cos seus grupos de investigación en diferentes ámbitos de interese:
Investigación, desenvolvemento e innovación
Se está interesado/a en accións de investigación, informes, proxectos de I+D, etc, o aconsellable é que estude as liñas de investigación dos grupos investigadores desta Escola, e contacte co responsable do que mellor se adapte ás súas necesidades. Dende aquí pode consultar a información sobre estos grupos.
Prácticas preprofesionais
Se o seu interese reside en ofertar prácticas preprofesionais para estudantes das nosas titulacións, o adecuado é que se poña en contacto coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI), que é a responsable de tramitar os convenios de colaboración coa Universidade. Nembargantes, tamén pode contactar co coordinador de prácticas da ESEI, a profesora M. Lourdes Borrajo Diz (emprego@esei.uvigo.es).
Ofertas de emprego
Se desexa publicitar unha oferta de emprego debe porse en contacto coa Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é a encargada de xestionar as ofertas.
Correo electrónico: emprego@uvigo.es
Teléfono:+34 986 818 710
Colaboración institucional
Neste caso pode dirixirse directamente á Dirección da ESEI:
- Teléfono: 988 387 002
- Email: sdireccion.esei@uvigo.es