Acceso vía 30 créditos
É posible acceder a calquera titulación de grao sempre que se cumpra o seguinte requisito:
- Que se recoñezan, alomenos, 30 créditos no estudo de grao no que se solicita a admisión
Prazas nacionais: 5
Prazas estranxeiras: 1
Orde de adxudicación (para todos os que cumpran os requisitos de admisión):
- Nota media do expediente académico, calculada segundo o protocolo do Sistema Universitario Galego de acordo co sistema establecido no RD 1125/2003
- Maior número de créditos recoñecidos
Adaptación ao Grao dende titulacións LRU
Se estás a estudar ou estudaches na ESEI as titulacións de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, ou Enxeñaría en Informática (segundo ciclo) e estás interesado en adaptar os teus estudos ao Grao en Enxeñaría Informática, é importante que consultes as seguintes táboas de recoñecemento de créditos, para que coñezas as equivalencias entre as materias da túa titulación de orixe e a do Grao:
- Recoñecemento de créditos para a E.T. en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo (pdf)
- Recoñecemento de créditos para a Enxeñaría en Informática pola Universidade de Vigo (pdf)
Se pertences a planos antigos da E.T. en Informática de Xestión, estas son as táboas que debes consultar:
- Recoñecemento de créditos para a E.T. en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, Plan 10 (pdf)
- Recoñecemento de créditos para a E.T. en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, Plan 11 (pdf)
Teño experiencia profesional. ¿Recoñeceránseme créditos por ela?
Sí, poderanse recoñecer ata 12 ECTS por experiencia profesional. A Comisión de Recoñecemento de Créditos e Adaptacións da ESEI será a responsable de fixar os criterios de recoñecemento da experiencia profesional, atendendo á seguinte táboa:
EXPERIENCIA PROFESIONAL | RECOÑECEMENTO |
300 – 599 horas | Prácticas en Empresa I (6 ECTS) |
600 horas ou máis | Prácticas en Empresa II (12 ECTS) |
Recoñecemento de créditos por outras actividades
Segundo o establecido pola normativa da Universidade de Vigo, os estudantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, até un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos. Estes créditos se detraerán do cómputo de créditos optativos a cursar polo alumno (máis info).
Recoñecemento para titulacións en formación profesional de grao superior
O catálogo de créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior está disponible para a súa consulta na correspondente páxina da Xunta – Validacións ciclos superiores de FP e estudos universitarios
Recoñecementos concedidos ao Grao en Enxeñaría Informática*
* A información ten carácter orientativo. O recoñecemento de créditos é competencia da comisión correspondente.