Apoio e Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE)
A Universidade de Vigo conta con diferentes programas e ferramentas para acadar a plena integración na vida universitaria do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo.
Entre os programas máis relevantes destaca o Programa de integración de universitarios/as con necesidades específicas de apoio educativo (PIUNE). Este programa ten por obxecto apoiar ao noso estudantado con algún tipo desas necesidades ou trastornos de aprendizaxe legalmente recoñecido.
Na Xunta de Centro do 29 de outubro de 2018 aprobouse un Protocolo de acollida e deteccións de necesidades de alumnado con necesidades educativas especiais.