O Plan de Acción Titorial (PAT) da ESEI configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria (enlace).
Supón superar o modelo especificamente académico, unicamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor-alumno, alumno-alumno…
Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades dos alumnos e alumnas, normalizando as distintas accións e alcanzando un adecuado equilibrio entre as expectativas dos estudantes e os obxectivos que se expón no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
Neste sentido, é de importancia destacar un dos principios polos que aposta o SGIC da ESEI e ao que con este plan trátase de responder: a adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe… recollidos dunha forma ampla en distintos capítulos do Manual de Calidade e os Procesos deseñados polo Centro.
Preguntas frecuentes
O PAT (Plan de Acción Titorial) da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) é un programa de atención personalizada dirixido ao alumnado de novo ingreso.
Dado que o PAT e un servizo pensado para orientar ao alumnado e axudarlle nas dificultades que poida atopar na vida universitaria, o PAT NON É:
- Un servizo de reclamación xeral da Universidade.
- Un servizo administrativo.
- Un servizo técnico.
- Unha titoría docente.
Facilitar a integración do alumnado na vida universitaria en xeral e na ESEI en particular.
Englóbanse as seguintes dimensións: 1) académica, referida a aspectos da vida universitaria (planos de estudo, materias,…); 2) internacional, relativa á mobilidade e ó intercambio de alumnado estranxeiro; 3) social, destinada a cuestións como información sobre axudas e servizos de fundación ou organismos públicos ou privados; e 4) administrativa, que trata cuestións referentes a requerimentos administrativos, matrículas, recoñecemento de créditos,…
Na web da ESEI, no apartado do PAT, publícase, cada curso académico, o listado de profesorado titor e o alumnado asignado ao mesmo.
Ao longo de cada curso, cada titor ou titora cita ao alumnado asignado a reunións periódicas, de acordo co protocolo establecido e aprobado pola Xunta de Centro, aínda que si un alumno ou alumna desexa contactar co titor ou titora asignado, pode facelo a través dos datos do profesorado que se poden atopar na web da ESEI.
Non, aínda que é un dos mellores xeitos que tés de poder solucionar os teus problemas na ESEI, xa que o profesorado titor ten unha ampla experiencia na ESEI, e pódeche axudar e orientar para resolver as dificultades que poidan xurdir ao longo da túa aprendizaxe.
Non, as reunións se planifican cunha duración axeitada aos temas a tratar e, en calquera caso, sempre será tempo ben aproveitado!