Empresa: Xestión de organizacións

Código: G460110
Acrónimo: XO
Nome: Empresa: Xestión de organizacións
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Intelixencia Artificial
Curso: 1º Curso
Período: Segundo cuadrimestre
Tipo: Formación Básica
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Adquirir os conceptos básicos da actividade empresarial, das áreas funcionais dunha empresa e comprender o papel da empresa no sistema económico e social.

Entender a estrutura organizativa da empresa nas áreas de dirección, xestión das persoas, produción, comercialización e finanzas.

Coñecer as ferramentas básicas para analizar e valorar as decisións relativas ao ámbito da xestión da empresa.

Entender e saber aplicar os métodos adecuados para a análise e a avaliación tanto de proxectos de investimento como das operacións de financiamento.

Coñecer as particularidades do proceso de creación dunha empresa baseada en innovacións desenvolvidas no ámbito tecnolóxico e da IA.

Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet