Seguridade en sistemas informáticos

Código: O06G150V01702
Acrónimo: SSI
Nome: Seguridade en sistemas informáticos
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Enxeñaría Informática
Curso: 4º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Obrigatoria
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Coñecer os fundamentos da criptografía moderna.

Coñecer a arquitectura de seguridade dos sistemas operativos actuais e saber configuralos e administralos dun modo seguro.

Xestionar unha rede informática dun modo seguro.

Coñecer os tipos de ataques informáticos máis habituais e as maneiras de protexerse contra eles.

Saber xestionar un problema de seguridade.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet