Métodos avanzados de enxeñaría de software
Código:
O06G151V01408
Acrónimo:
MAIS
Nome:
Métodos avanzados de enxeñaría de software
Centro:
E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación:
Grao en Enxeñaría Informática
Curso:
4º Curso
Período:
Primeiro cuadrimestre
Tipo:
Optativa
Créditos:
6
Resultados de aprendizaxe:
Coñecer e comprender as principais características dos métodos formais aplicados ás tarefas de Enxeñaría do Software.
Comprender a importancia de utilizar un enfoque formal no desenvolvemento de software de calidade.
Especificar e modelar os requerimentos formulados polos usuarios utilizando linguaxes formais de especificación.
Entender como as linguaxes de especificación formal permiten a verificación matemática da especificación e o código e facilitan a xeración automática de código.
Utilizar adecuadamente as ferramentas de modelado formal nas actividades de especificación do software.
Comprender os conceptos asociados á verificación formal.
Ser capaz de validar unha aplicación de sotfware formalmente descrita.
Departamento:
Profesorado:
Profesor responsable:
Guía docente:
Enlace a DocNet