Deseño de arquitecturas de grandes sistemas software

Código: O06G151V01407
Acrónimo: DAGSS
Nome: Deseño de arquitecturas de grandes sistemas software
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Enxeñaría Informática
Curso: 4º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Optativa
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Coñecer e analizar a complexidade dos grandes sistemas software e abordar de forma efectiva cada unha das fases do seu desenvolvemento.

Distribuír o traballo de cada un dos equipos humanos encargados de desenvolvemento entre as diferentes partes do sistema.

Ser capaz de dividir e estruturar todo gran sistema software en pequenas pezas de software susceptibles de ser tratadas de forma independente.

Validar e verificar a integración de diversos compoñentes e arquitecturas software co fin de crear grandes sistemas software.

Orientar o proceso de desenvolvemento desde un punto de vista industrial.

Coñecer as técnicas de Enxeñaría do software específicas para grandes sistemas software e grandes equipos de traballo.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet