Informática: Programación II
Levar a cabo o proceso que permite, dende a abstracción, implementar código de alta calidade.
Aplicar programación modular para resolver problemas específicos no ámbito de IA.
Adquirir competencias para resolver problemas de forma metodolóxica e práctica.
Identificar e ter a capacidade para seleccionar nunha contorna práctica as principais librarías no campo de IA e Ciencia de Datos.
Comprender os conceptos básicos da programación funcional e o lambda cálculo e demostrar en que medida a súa aplicación favorece o desenvolvemento de aplicacións de IA.
Adquirir as competencias para analizar a complexidade computacional dun determinado algoritmo, así como desarollar as capacidades necesarias para escoller a combinación de estruturas de datos e estratexia de resolución máis apropiada para resolver de modo eficiente (en
termos de recursos espaciais e temporais) un determinado problema.
Analizar as alternativas para afrontar un problema e identificar que aspectos poden abordarse con IA e cales non.
Comprender os principios necesarios para construír solucións complexas, escalables e robustas, centradas no/o usuario/a, nas que os compoñentes de IA encaixan como parte dun todo.
Manexar técnicas e ferramentas de proba para asegurar a calidade dos resultados.