Hardware de aplicación específica

Código: O06G151V01310
Acrónimo: HAE
Nome: Hardware de aplicación específica
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Enxeñaría Informática
Curso: 3º Curso
Período: Segundo cuadrimestre
Tipo: Obrigatoria
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Vixilar, analizar e recoller posibilidades tecnolóxicas existentes para o desenvolvemento de software e hardware, e ser capaz de seleccionar a máis adecuada.

Dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.

Estudar o sistema actual e analizar e idear mellores medios para levar a cabo os mesmos obxectivos ou outros adicionais.

Seleccionar a plataforma hardware e software máis adecuadas para unha aplicación de tempo real.

Analizar o funcionamento dun computador sinxelo e escribir programas simples na súa linguaxe máquina.

Establecer os obxectivos dos sistemas informáticos, realizar a súa análisis, o seu deseño e o seu mantemento.

Instalar, configurar e administrar sistemas hardware, de comunicacións, software de base e aplicacións de usuario.

Participar no deseño de novos sistemas informáticos como consecuencia da informatización de áreas da empresa que utilizan métodos e procesos manuais para o desenvolvemento das súas tarefas.

Analizar os proxectos e as necesidades, e propoñer solucións no plano técnico, humano e financeiro.

Deseñar solucións informáticas relacionadas con cambios nos sistemas existentes ou con novos sistemas.

Propoñer solucións de mellora e controlar a posta en marcha.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet