Desenvolvemento e integración de aplicacións
Desenvolver todo tipo de software de aplicación a través de todas as fases.
Coñecer as ferramentas de planificación e control para o desenvolvemento colaborativo dun proxecto informático.
Coñecer métodos prácticos para a especificación de todos os compoñentes durante o desenvolvemento dun paquete software.
Coñecer as técnicas dispoñibles para a integración de software.
Coñecer métodos e estándares para o desenvolvemento, verificación e mantemento dunha aplicación integrada.
Ser capaz de aplicar as técnicas de enxeñaría do software para obter aplicacións de gran calidade e coas funcionalidades solicitadas polo
usuario considerando o sistema como un conxunto de aplicacións.
Traballar como parte dun equipo que desenvolve proxectos software compostos de varias fases e fitos de control.
Presentar de forma adecuada a documentación dun proxecto a cada unha das persoas implicadas no desenvolvemento do mesmo: analistas, deseñadores, programadores e clientes.