Charlas orientación itinerarios cuarto curso GREI

O mércores 4 de xuño ás 13:30 teremos unha charla moi interesante destinada a todo o alumnado de terceiro curso do Grao en Enxeñaría Informática sobre os itinerarios de cuarto curso: Enxeñaría do Software e Tecnoloxías da Información. A charla será impartida polos coordinadores dos dous itinerarios, os profesores Daniel González Peña e Francisco Ribadas.

A charla terá lugar nesta sala Campus Remoto, para acceder a ela buscade o contrasinal no correo electrónico enviado ou poñédevos en contacto para solicitala de novo.