A ESEI, premiada no acto de conmemoración do Día mundial do doante de sangue

O 14 de xuño celebrouse, na Cidade da Cultura de Galicia, un acto para conmemorar o Día mundial do doante de sangue. En dito acto, no que se celebrou tamén que a comunidade galega cumpra tres decenios organizando campañas para animar a doar e salvar vidas, dous centros da Universidade de Vigo, a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), e a Escola de Enxeñaría Industrial, foron premiados pola súa contribución a ditas campañas.

Neste sentido, cómpre destacar o compromiso da nosa comunidade universitaria, incluíndo ao estudantado, ao persoal de administración e servizos (PAS) e ao persoal docente e investigador (PDI) e felicitalos, non por gañar o premio, se non por contribuír a salvar vidas, que é o realmente importante. Grazas a todas e todos!