Francisco Javier Rodríguez Martínez, distinguido pola Unión Profesional de Galicia

A Unión Profesional de Galicia, que representa os intereses de 41 colexios profesionais, entregará o vindeiro mes de maio as súas distincións a distintos profesionais galegos e galegas. No acto que se celebrará o 5 de maio en Santiago de Compostela, o noso compañeiro e anterior director Francisco Javier Rodríguez Martínez recibirá un dos 21 galardóns “Profesional Colexiado 2022“, unha distinción que recoñece “as traxectorias profesionais e de servizo, a contribución ao prestixio da súa profesión e os valores das mellores prácticas profesionais, sempre por riba dos intereses particulares”.

En palabras de Antonio Macho, “estes 21 profesionais son unha mostra da excelencia no exercicio das súas profesións ao servizo da sociedade galega, un exemplo de entrega e compromiso en favor do benestar da sociedade galega”. Desde aquí damos os parabéns a Fran e compartimos convosco a alegría polo noso compañeiro.