Último día para cubrir as enquisas de avaliación docente do primeiro cuadrimestre

Hoxe, martes 2 de marzo, é o último día para cubrir as enquisas de avaliación docente do primeiro cuadrimestre
Lembra que as enquisas xogan un papel importante porque entre outras cousas permiten coñecer a túa opinión sobre a actividade docente do teu profesorado, e son relevantes para ter en conta nos procesos de mellora da docencia.
A enquisa é anónima e confidencial, e só terás acceso ás materias nas que estás matriculado.
Podes acceder desde a secretaría virtual: https://secretaria.uvigo.gal
A ESEI sorteará varios agasallos entre a xente que participe.
Anímate e colabora cubrindo as enquisas!