O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense (C.IAOurense) comeza este venres, 13 de novembro, un ciclo de conferencias divulgativas: “Os venres con Intelixencia Artificial”.
A primeira das charlas “IA aplicada as imaxes de cardioloxía”, impartida polo Dr. César Veiga García, investigador da Área de Cardioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS). terá lugar o venres 13 de novembro as 12 horas e retransmitirase por streaming a través de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=oxGL4-QtECY
O Dr. Veiga falará da análise de imaxes médicas utilizadas actualmente no Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. É experto nas técnicas de aprendizaxe de máquina e redes neuronais profundas aplicadas a este tipo de imaxes. O propósito do seu traballo é mellorar tanto o diagnóstico coma o tratamento. No seu relatorio explicará tamén a forma en que os métodos en IA están a ter un impacto positivo, e describirá o traballo futuro que se necesita neste campo.