O Suplemento Europeo ao Título (SET) é o documento que otorga validez comunitaria ao currículum académico.
Consiste nun anexo á titulación universitaria no que se pormenorizan as materias cursadas, idiomas impartidos, créditos realizados, competencias adquiridas, resultados académicos e cualificación profesional do graduado, máster ou doctorado, cos seus nomes e apelidos, entre outras acreditaciones fidedignas en toda Europa.
En concreto, segundo o modelo elaborado pola Comisión Europea, o Consello de Europa e UNESCO/CEPES (Centro Europeo para a Ensinanza Superior) debe conter a seguinte información:
- Datos do estudante.
- Información da titulación.
- Información sobre o nivel da titulación.
- Información sobre o contido e resultados obtidos.
- Información sobre a función da titulación.
- Información adicional.
- Certificación do suplemento.
- Información sobre o sistema nacional de educación superior.
O SET facilita o recoñecemento de créditos nas diferentes universidades europeas e, o mesmo tempo, acreditan as capacidades adquiridas polo estudante ante posibles empleadores de calquer organización en Europa.
O título expídese en castelán e noutra lingua oficial da Unión Europea que a Universidade determine. As Universidades radicadas en comunidades autónomas con lingua cooficial propia o poderán expedir tamén na súa propia lingua.
A información relativa á expedición do Suplemento Europeo ao Título realízase conforme á lexislación vixente.
Máis información:
Suplemento Europeo ao título na Universidade de Vigo
Expedición de títulos universitarios oficiais (BOE 06/08/10)
RD 1044/2003, do 1 de agosto. Suplemento europeo ao título (BOE 11/09/03)