O Máster Universitario en Intelixencia Artificial é unha titulación interuniversitaria, impartida polas Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que se plantexa como un programa completo para a formación de profesionais e emprendedores nesta rama de coñecemento.
O avance das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de sistemas intelixentes requiren de profesionais con habilidades en numerosos campos: informática, matemáticas, estatística e negocios. Os obxectivos do plan de estudos do Máster son os seguintes:
- Formar a profesionais con capacidade de desenvolver sistemas intelixentes para axudar na toma de decisións a nivel científico e empresarial.
- O estudante deste Máster será capaz de xerar solucións prácticas a problemas tecnolóxicos, empresariais e sociais.
- Combinando o estudo de materias como as matemáticas e a informática, co manexo avanzado das novas tecnoloxías dixitais da información e a comunicación (estatística, intelixencia artificial, aprendizaxe autónoma…) o egresado desta titulación converterase nun perfil moi atractivo á hora de cubrir as necesidades que se están dando no mercado laboral.
A formación deste máster cubrirá as necesidades de diversos sectores empresariais que, cada vez máis, precisan de expertos/as no desenvolvemento de sistemas intelixentes. Os últimos estudos que se publicaron, destacan esta profesión como unha das máis demandadas e mellor remuneradas.
Este Máster ten unha carga docente de 90 ECTS e impártese durante tres cuadrimestres (un curso e medio). O título se adscribe á rama de Enxeñaría e Arquitectura.
Coordinadora: Analia María García Lourenço
Lingua de impartición: Inglés
Modalidade: Presencial. No entanto, farase uso de ferramentas de apoio non presencial como, por exemplo, campus virtual e equipos de videoconferencia para que o profesorado de calquera Universidade imparta docencia ao alumnado presente nas outras sedes do Máster.
- Data de verificación do título: 27/06/2022
- Data de autorización da implantación pola Xunta de Galicia: 27/07/2022
- Data de inscripción no RUCT:
- Data de publicación no DOG: 10/08/2022
- Curso de Implantación: 2022-2023