Prazas ofertadas : 25
Tempo Completo |
Tempo Parcial |
|||
---|---|---|---|---|
ECTS matrícula mínima |
ECTS matrícula máxima |
ECTS matrícula mínima |
ECTS matrícula máxima |
|
1º ano | 48 | 60 | 18 | 47 |
Resto Anos | 48 | 78 | 18 | 47 |
O Máster en Enxeñaría Informática está dirixido a estudantes interesados/as en recibir unha formación avanzada no ámbito da Enxeñaría en Informática, co fin de desenvolver unha carreira profesional neste sector. En concreto, diríxese especialmente a alumnado egresado do título de Grao en Enxeñaría Informática ou graos con outras denominacións, vinculados ao exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico/a en informática, e cuxas competencias se axusten ao establecido no apartado 5 do Anexo II da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades. Por tanto, o perfil de ingreso ideal está definido polas competencias asociadas a todo enxeñeiro/a técnico/a en informática.
En canto ás características persoais, é aconsellable que o/a estudante:
- Teña capacidade para a aprendizaxe autónoma, interese pola actualización de coñecementos, e recoñeza a súa necesidade no exercicio profesional da informática.
- Saiba traballar en situacións de escaseza de información e baixo presión, tendo capacidade de innovación, creatividade e xeración de novas ideas.
- Teña capacidade para traballar de forma colaborativa, integrado en equipos, organizando, planificando, tomando decisións, negociando e resolvendo conflitos, relacionándose, e criticando e facendo autocrítica.
- Teña iniciativa e espírito emprendedor, así como capacidade para o liderado, a dirección, a xestión de equipos e proxectos.
- Sexa un bo comunicador/a, tanto de forma falada como escrita.
Segundo o establecido polo R.D. 1393/2007, modificado polo R.D. 861/2010, para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a un Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
Así mesmo, poderán acceder os/as estudantes titulados/as conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o/a interesado/a, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Máster.
En todo caso, as condicións de acceso ao Máster axustaranse ao establecido no apartado 4.2 do Anexo I da Resolución de 8 de xuño de 2009 do Consello de Universidades polo que se establecen as recomendacións para a proposta polas universidades de memorias de solicitude de títulos oficiais nos ámbitos da Enxeñaría Informática e da Enxeñaría Técnica en Informática (BOE de 4 de agosto de 2009), que establece o seguinte:
Apartado 4.2 Condiciones de acceso al Máster.
4.2.1 Podrá acceder al Máster vinculado con el ejercicio de la profesión de Ingeniero en Informática, quien haya adquirido previamente las competencias que se recogen en el apartado 3 del Anexo II del presente Acuerdo por el que se establecen las recomendaciones para la verificación de los títulos universitarios oficiales vinculados con el ejercicio de la profesión de Ingeniero Técnico en Informática, y su formación estar de acuerdo con la que se establece en el apartado 5 del Anexo II antes citado.
4.2.2 Asimismo, se permitirá el acceso al Máster cuando el título de grado del interesado acredite haber cursado el módulo de formación básica y el módulo común a la rama, aún no cubriendo un bloque completo del módulo de tecnología específica y sí 48 créditos de los ofertados en el conjunto de los bloques de dicho módulo de un título de grado vinculado con el ejercicio de la profesión de Ingeniero Técnico en Informática, de acuerdo con el presente acuerdo.
4.2.3 Igualmente, podrán acceder a este Máster quienes estén en posesión de cualquier título de grado sin perjuicio de que en este caso se establezcan los complementos de formación previa que se estimen necesarios.
O Anexo I da Resolución de 8 de xuño de 2009 do Consello de Universidades indica que terán acceso directo ao Máster en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo os/as estudantes que acrediten posuír unha das seguintes titulacións:
- Grao en Enxeñaría Informática, ou graos con outras denominacións vinculados ao exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico/a en informática, e cuxas competencias se axusten completamente ao establecido no apartado 5 do Anexo II da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades.
- Enxeñaría ou Licenciatura en Informática
- Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión
- Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas
- Diplomatura en Informática
- Títulos equivalentes aos anteriores expedidos por institucións superiores do EEES
- Títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao (de acordo co Real Decreto 1393/2007)
Por outro lado, o apartado 5 do Anexo I da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades, establece que
“Los títulos a que se refiere el Anexo I del presente acuerdo son enseñanzas universitarias oficiales de Máster, y sus planes de estudio deberán organizarse de forma que la duración total de la formación de Grado y Máster no sea inferior a 300 créditos europeos”.
O estudantado que pola súa titulación de acceso directo non alcance este número de créditos ao remate do Máster, deberá cursar 48 ECTS de complementos formativos, que poderá adquirir mediante 5 das seguintes asignaturas do Grao en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo: Arquitecturas paralelas, Bases de datos II, Centros de datos, Concorrencia e distribución, Hardware de aplicación específica, Redes de computadoras II, Seguridade en sistemas informáticos, Sistemas intelixentes, Sistemas operativos II e Teoría de autómatas e linguaxes formais.
O alumnado deberá acreditar a obtención dos complementos para poder obter o título de Máster en Enxeñaría Informática. Non obstante, poderá acceder ao mesmo, aínda que non houbese cursado aínda os complementos.
Os/as estudiantes de Enxeñaría Técnica en Informática de Gestión pola Universidade de Vigo non teñen que realizar complementos de formación. Para o resto de estudiantes de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión cursados noutras Universidades, a comisión académica do título decidirá si son necesarios complementos de formación ou non, en función do número de créditos concreto do título de acceso.
Segundo se establece no apartado 4.2 (subapartado 4.2.3) do Anexo I da resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE de 4 de agosto de 2009), da Secretaría Xeral de Universidades, tamén poderán acceder ao Máster en Enxeñaría Informática “quienes estén en posesión de cualquier título de grado sin perjuicio de que en este caso se establezcan los complementos de formación previa que se estimen necesarios”. Concretamente, poderán acceder a este Máster estudantes de:
- Outras titulacións de Grao da Rama de Enxeñaría e Arquitectura.
- Titulacións de Grao da Rama de Ciencias.
O alumnado de titulacións da Rama de Arquitectura e Enxeñaría deberá acreditar haber cursado o módulo de formación básica, o módulo común á rama e 48 créditos do módulo de tecnoloxía específica dun título de grao vinculado co exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
No caso de estudantes provenientes de titulacións da Rama de Ciencias, a comisión académica do título establecerá os complementos formativos previos que deberá acreditar o solicitante, en función da titulación de orixe. Neste caso, o alumnado deberá acreditar os complementos formativos previamente ao acceso á titulación de Máster en Enxeñaría Informática.
Admisión en matrícula ordinaria
Os/as estudantes que cumpran os requisitos de acceso deberán presentar a solicitude de admisión no programa na forma que determinen as normas de admisión e matrícula da Universidade de Vigo, aprobadas por resolución reitoral para cada curso académico. O sistema de selección seguirá os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade, e realizarase, principalmente, en base ao expediente académico da titulación de acceso do/a alumno/a. O promedio do expediente calcularase segundo a fórmula establecida pola Xunta de Galicia para a súa utilización polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
O promedio do expediente dos/as estudantes provenientes de titulacións que requiran complementos formativos previos ponderarase multiplicándoo por 0.5.
Os/as solicitantes cuxa titulación sexa allea ao sistema universitario español deberán aportar a documentación relativa ao sistema de calificación na súa universidade de orixe.
En caso de empate coa aplicación dos criterios anteriores, a comisión académica do título poderá realizar, se o considera oportuno, entrevistas persoais nas que se valore a adecuación do/a solicitante ao perfil de ingreso da titulación.
A proposta da comisión académica, a Xunta de Centro poderá aprobar a incorporación aos criterios de admisión da acreditación dun nivel B1 de inglés, dacordo co Marco Europeo de Referencia para as Linguas, tanto como condición esixible para a obtención do título, para o acceso, ou unicamente como criterio favorable para o mesmo. Para isto, utilizarase calquera dos sistemas de acreditación das competencias xerais de coñecemento de idioma aprobados pola Universidade de Vigo.
A comisión académica do título elevará anualmente á Xunta de Centro unha proposta de criterios de admisión ao Máster que se axustará aos criterios xerais establecidos na memoria da titulación.
Admisión en matrícula ordinaria a tempo parcial
Permitirase a matrícula a tempo parcial unicamente a aqueles estudantes que amosen documentalmente algunha das seguintes condicións:
- Ser traballadores en activo.
- Estar cursando outra titulación universitaria.
- Situaciones excepcionais que valorará a comisión académica do título.
O/a estudante non pode matricularse do Traballo Fin de Máster se non se matriculou de todos os créditos necesarios para a obtención do título. Para matricularse dos módulos de orientación o/a estudante a tempo parcial deberá ter superado ou estar matriculado/a de todos os créditos obrigatorios.
O alumnado que solicite matrícula en réxime de tempo completo terá preferencia sobre os que a soliciten en réxime de tempo parcial.