O título de Graduado/a en Intelixencia Artificial proporciona a formación ampla, profunda e multidisciplinar que precisan os e as profesionais deste ámbito e que resulta imprescindible para construír con éxito os servizos e aplicacións intelixentes que están a ter un impacto tan importante nas nosas vidas a todos os niveis.
Trátase dunha titulación interuniversitaria no Sistema Universitario de Galicia, de catro cursos (240 ECTS), na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo). En terceiro e cuarto, na Universidade de Vigo desenvolvemos a orientación en Sistemas de Información Intelixentes (SII).
Os SSI constitúen a evolución natural dos Sistemas de Información, integrando técnicas de procesamiento de grandes volumes de datos mediante sistemas de computación distribuídos, e utilizando algoritmos e estratexias de Intelixencia Artificial (IA) para unha xestión máis eficiente e próxima aos procesos de decisión humana.
Os SII xeran e incorporan capacidades que lles permiten exhibir un comportamento flexible e creativo, cooperando tanto con usuarios como con outros sistemas na recuperación, procesamiento, e xeración de datos e para a resolución de problemas.
A mención Sistemas de Información Intelixentes do Grao en Intelixencia Artificial está orientada a estudantes interesados en adquirir un perfil profesional que lles capacite na explotación automática e segura de fluxos de información, calquera que sexa o seu formato, tipoloxía, dimensión e complexidade. O obxectivo é satisfacer os requirimentos de toda clase de entidades a este nivel, tanto no ámbito da xestión como da toma de decisións, mediante o deseño de solucións centradas na aplicación e integración de estratexias de IA. Trátase por tanto non só de localizar datos xa existentes para o seu procesamiento inmediato nunha estratexia puramente transformacional, senón fundamentalmente de derivar nova información que outorgue unha vantaxe competitiva significativa no dominio de aplicación.
Nesta mención, o futuro graduado adquirirá un perfil que lle capacitará para o deseño, desenvolvemento e aplicación de técnicas e tecnoloxías baseadas en aprendizaxe e razoamento automático, Big Data, procesamiento da linguaxe natural, e interacción e percepción en tempo real para o desenvolvemento de SII.
En definitiva, a formación recibida permitirá ao estudante facer fronte aos novos retos expostos pola Sociedade da Información no que a soporte de decisións estratéxicas, tácticas e operativas se refíre. Terá así a oportunidade de coñecer e explotar algúns dos campos máis novos e de maior potencial na IA, como é o caso do tratamento masivo de datos, as industrias da lingua, a IoT, os sistemas baseados en comportamento ou a ciberseguridad.
Coordinadora: Lourdes Borrajo Diz
Linguas de impartición: Castelán, galego
Curso de implantación: 2022-2023
Data de publicación no DOG: 23/03/2023 (enlace)
Data de publicación no BOE: 26/04/2023 (enlace)