Domínguez Vila, Trinidad

Tipo: Contratada Doutora
Área: Organización de Empresas
Dedicación: Completa
Asignaturas:

Grao en Enxeñaría Informática

Experiencia docente: Na Universidade de Vigo, a súa docencia repartiuse entre a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e na Facultade de Aeroespacial e a Escola de Informática, ademais de participar en diferentes programas de doutorado como o Interuniversitario de Enxeñaría Térmica ou o de Administración Integrada de Empresas, e máster de Creación, Dirección e Innovación de Empresas ou de Dirección e Planificación do Turismo. Impartiu conferencias invitadas e cursos de especialización en diversas universidades tanto no ámbito nacional, como internacional (Vigo, Santiago de Compostela, Colombia, Brasil ou Australia entre outros). Tamén deu numerosos cursos de formación a institucións (Fundación Empresa - Universidade Galega, Confederación de Empresarios de Galicia ou Confederación de Empresarios de Ourense) e empresas privadas no ámbito da innovación e a creatividade. Así como realizado estanzas enfocadas ao ámbito docente en Veracruz (México).
Experiencia investigadora: A súa actividade investigadora enmárcase na área de mercadotecnia turística para persoas con discapacidade e persoas maiores, e en temas de turismo 2.0. Publicou diversas contribucións científicas con achega a revistas internacionais e nacionais, así como a publicación de libros editados a nivel nacional e internacional. É revisora ademais de diversas revistas internacionais e nacionais. Foi conferenciante invitada e relator en diversas universidades e en congresos, simposios e workshops nacionais e internacionais. Así mesmo, ten dirixido/participado en diversos proxectos de investigación competitivos nacionais e realizou estadías de investigación na Universidade Deusto (Bilbao), Universidade de Brasilia (Brasil) ou University of Technology Sydney (Australia).

Datos de contacto

Despacho: 4.14 FCETOU
Teléfono: 988368746
Correo electrónico: trinidad@uvigo.es
Titorías 1C:

Mércores: 10:00-13:00
Xoves: 10:00-13:00

Titorías 2C:

Martes: 10:00-13:00
Venres: 10:00-13:00

Titorías Outros Períodos:

Martes: 10:00-13:00
Mércores: 10:00-13:00