Domínguez Vila, Trinidad

Tipo: Profesora Titular de Universidade
Área: Organización de Empresas
Dedicación: Completa
Asignaturas:

Grao en Enxeñaría Informática

Experiencia docente: Profesora titular do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. Impartiu clases na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, na Facultade de Informática e na Facultade Aeroespacial, e participou en diferentes programas de doutoramento como a Enxeñaría Térmica Interuniversitaria ou a de Administración Integrada de Empresas. Actualmente imparte docencia no grao de Enxeñaría Informática e en Turismo, no Máster de Educación Secundaria e no doutoramento en Turismo. Colabora con diferentes universidades, nacionais e internacionais (Colombia, Brasil ou Australia entre outras). Tamén impartiu numerosos cursos de formación a institucións e empresas privadas no ámbito da innovación e a creatividade. Por último, cómpre salientar que realizou estadías centradas no ámbito docente en Veracruz (México) ou en Izmir (Turquía).
Experiencia investigadora: A súa actividade investigadora céntrase na área de marketing turístico para persoas con discapacidade e maiores, a relación entre ambas e a súa relación coas novas tecnoloxías. Publicou diversas contribucións científicas en revistas internacionais de prestixio (Annals of Tourism Research, Tourism Management, International Journal of Hospitality Management, Disability and Rehabilitation, Social Indicators Research, Tourism Economics, Current Issues in Tourism, International Journal on Disability and Human Development, Journal of Global Information Management ou Journal of Vacation Marketing, entre outros) e en libros nacionais e internacionais. É revisora de revistas internacionais e nacionais. Foi invitada como conferenciante e relator principal de diferentes universidades en congresos, simposios ou obradoiros nacionais e internacionais. Tamén dirixiu/participou en diversos proxectos de investigación competitiva nacionais e realizou estadías de investigación na Universidade de Deusto (Bilbao), na Universidade de Brasilia (Brasil), na Universidade Tecnolóxica de Sydney (Australia) ou na Universidade Dokuz Eylul, (Turquía).
Experiencia profesional: Ela traballou en diversos eidos da empresa privada nos sectores de banca e moda principalmente. Do mesmo xeito e tal como se recolleu anterioremtne, segue colaborando co sector privado a través de cursos de formación.

Datos de contacto

Despacho: 4.14 FCETOU
Teléfono: 988368746
Correo electrónico: trinidad@uvigo.gal