Modelado da Linguaxe / Language Modelling

Código:
Acrónimo: LM
Nome: Modelado da Linguaxe / Language Modelling
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Curso: 1º Curso
Período: Segundo cuadrimestre
Tipo: Optativa
Créditos: 3
Resultados de aprendizaxe:

– Coñecer, comprender e analizar a representación formal de diversos fenómenos léxicos, sintácticos e semánticos da linguaxe natural
– Coñecer, comprender e saber usar as tecnoloxías, marcos e librarías para a construción de sistemas de procesamiento da linguaxe natural
– Deseñar, implementar e saber usar algoritmos e estruturas de datos para tratar e dar soporte aos diversos fenómenos característicos da linguaxe natural
– Coñecer, comprender e analizar as técnicas de procesamiento da linguaxe natural para o procesado e desambiguación a nivel léxico, sintáctico e semántico.
– Coñecer e comprender os problemas que expón a ambigüidade e imprecisión nas fontes de datos en linguaxe natural e técnicas para resolvelos.
– Saber usar as técnicas e métodos do procesamiento da linguaxe natural para resolver problemas reais de análises de textos en linguaxe natural.
– Coñecer, comprender e analizar as técnicas baseadas en ontologías aplicadas ao procesamiento da linguaxe natural
– Coñecer, comprender e analizar as técnicas de aprendizaxe profunda aplicadas ao procesamiento da linguaxe natural
– Saber usar as técnicas e métodos da aprendizaxe profunda para resolver problemas prácticos de procesamiento da linguaxe natural
– Coñecer e comprender os problemas ambientais que expón o custo computacional das técnicas de aprendizaxe profunda cando son aplicadas á análise de textos.
– Coñecer, comprender e analizar as técnicas actuais de procura e minería na web.
– Coñecer, comprender e analizar as técnicas actuais das tecnoloxías semánticas.
– Saber usar as técnicas e métodos de representación do coñecemento e razoamento mediante ontologías e grafos de coñecemento para resolver problemas reais.
– Saber técnicas, métodos e boas prácticas para a representación e publicación de datos e a súa posterior consulta, utilizando tecnoloxías semánticas.
– Deseñar, implementar e saber usar algoritmos e estruturas de datos para sistemas de recomendación.
– Saber aplicar diferentes modelos de recuperación e extracción de información, análise do sentimento e outras posibles aplicacións da minería de textos.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet