Bases de Datos NoSQL

Código:
Acrónimo: BD NoSQL
Nome: Bases de Datos NoSQL
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Intelixencia Artificial
Curso: 3º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Obrigatoria de itinerario
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Coñecer e comprender o concepto de base de datos NoSQL fronte ao de base de datos SQL.

Saber discernir en que escenarios operativos as bases de datos NoSQL supoñen unha vantaxe sobre as SQL.

Coñecer e comprender os modelos máis relevantes que dan soporte ás bases de datos NoSQL.

Coñecer, comprender e saber usar as tecnoloxías, marcos e librarías no ámbito das bases de datos NoSQL.

Saber identificar os modelos de bases de datos NoSQL mellor adaptados a un contexto operativo concreto.

Saber deseñar, implementar e avaliar sistemas de información definidos sobre bases de datos NoSQL.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet