Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Para os titulados e tituladas de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas, Diplomatura en Informática e Grao en Enxeñaría Informática.
¿Qué é o CPETIG?
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) é unha corporación de dereito público que aglutina aos Enxeñeiros/as de grao medio (titulados universitarios de ciclo curto) en Informática, represéntaos oficialmente, e traballa para organizar, protexer, mellorar e velar por un adecuado exercicio da profesión, con garantía de calidade e vontade de servizo á Sociedade.
O CPETIG é e traballará para selo aínda máis un referente de e para o sector TIC en Galicia, achegándolle a este as garantías que lle ofrecen a súa independencia e a calidade dos seus profesionais.
Son fins do colexio os seguintes (artigo 5 dos estatutos)
- A ordenación, no ámbito da súa competencia e de acordo co establecido polas leis, do exercicio da profesión da Enxeñaría Técnica en Informática en todas as súas formas e especialidades, a representación exclusiva desta profesión e a defensa dos intereses profesionais dos titulados e tituladas.
- Velar pola satisfacción dos intereses xerais relacionados co exercicio da profesión de Enxeñaría Técnica en Informática, mediante a promoción, salvagarda e observación dos principios deontolóxicos e éticos da profesión e da súa dignidade e prestixio.
- Lograr a constante mellora do nivel de calidade das prestacións profesionais dos colexiados e colexiadas, mediante a promoción e fomento do progreso das actividades propias da profesión, da investigación, desenvolvemento e innovación científica e técnica, así como da solidariedade profesional e do servizo da profesión á sociedade.
- Cooperar na mellora dos estudos que conducen á obtención do título de Enxeñaría Técnica en Informática, favorecendo os ensinos técnicos profesionais de investigación relacionadas coa carreira, facilitando a formación de técnicos e técnicas aptos para as súas diversas funcións, promovendo para este efecto o entendemento entre os centros de ensino e as empresas, para obter o máximo nivel intelectual, cultural e de aplicación da Enxeñaría Técnica en Informática.
- Colaborar coas administracións públicas na consecución dos dereitos individuais e colectivos da profesión recoñecidos pola Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia aos colexios profesionais.
Colexiación
A colexiación no CPETIG demostra o teu compromiso co teu crecemento e mellora profesional e co desenvolvemento e recoñecemento da comunidade de profesionais das enxeñarías das tecnoloxías da información.
Se es titulado nun grao en enxeñaría informática, unha enxeñaría técnica en informática, diplomatura en informática ou título estranxeiro equivalente debidamente homologado, podes solicitar xa a túa colexiación inmediata ou inscribirte como interesado no Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia. Aqueles estudantes que estean a piques de conseguir o título poderán incorporarse tamén ao Colexio como precolexiados.
Máis información sobre como e por que colegiarse aquí.