No marco de PAT-AENAE organizouse unha charla dirixida a todo o alumnado que este curso teña intención de realizar o seu TFG, tanto no GREI e no GRIA como no PCEO ADE-EI.
A charla será impartida pola coordinadora de TFG, Rosalía Laza, e terá lugar o martes 15 de setembro, ás 16:30h, na aula 2.1.
Na charla informarase dos pasos que cómpre seguir para a realización do TFG e indicarase onde se atopa toda a información que podedes necesitar na web da Escola.
