Co obxectivo de mellorar as oportunidades profesionais a aumentar as posibilidades de éxito na próxima feira de emprego, dentro do programa PAT-ANEAE da ESEI estase a organizar a charla “Activa a túa empregabilidade: obradoiro de entrevistas e procesos de selección”, que te axudará de descubrir como afrontar con seguridade unha entrevista, saber que buscan as empresas e como destacar entre outros candidatos. É unha oportunidade perfecta para prepararvos, gañar confianza e acercarvos un paso mais ao voso futuro profesional.
A charla terá unha duración aproximada de hora e media. A asistencia é libre, pero será necesario realizar un rexistro previo para poder optar a un certificado de participación.
O rexistro, ata o 19 de abril, pode facerse aquí.
