A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) xa conta cunha réplica virtual en Minecraft. A obra é autoría de “Lucraft” e está feita a golpe de clic de rato para, en primeiro lugar, derrubar unha morea de bloques de monte e a continuación colocar minuciosamente cada bloque que conforma o edificio politécnico. Tanto se coñecedes o edificio coma se non o coñecedes aínda, paga a pena ver atentamente o vídeo (só dura 1 minuto e medio) e escoitar a visita guiada feita polo propio Lucraft. É un traballo espectacular! 👏🏼