Aberto un novo prazo de preinscrición do 6 ao 10 de febreiro no Máster en Enxeñaría Informática.
Este máster habilita para a profesión de Enxeñeiro Informático e para poder participar en oposicións do nivel A1.
Unha novidade importante deste ano é que aos Enxeñeiros Técnicos en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo non se lles esixen complementos de formación, polo que poden acceder directamente ao máster. Para o resto de enxeñeiros técnicos habería que analizar cada caso pero é posible que tampouco fosen precisos.
Outra novidade positiva dende o ano pasado é que o custo de matrícula baixou moito, porque como máster “profesional” aplícaselle un prezo de crédito igual ao grao (case a metade que o prezo ordinario).
Enlace a preinscrición: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-masteres
Para a xente que xa está traballando o máster conta cun horario de tarde: http://master.enxeñeriainformatica.es/
Podedes consultar calquera dúbida en: coordinador.mei.esei@uvigo.es ou info@esei.uvigo.es