As titulacións da ESEI inclúen prácticas en empresas como complemento dos estudos. Segundo a titulación que esteas a cursar, a realización de prácticas terá características e consecuencias diferentes:
- Grao en Enxeñaría Informática: pódense realizar prácticas de 6 ECTS (150 horas) ou 12 ECTS (300 horas), que se contabilizan como créditos optativos a detraer dos créditos de optatividade que debes cursar. Son prácticas curriculares, aínda que tamén se poden facer extracurriculares e figurarán no expediente académico do/da estudante.
- Grao en Intelixencia Artificial, Máster en Enxeñaría Informática e Máster en Intelixencia Artificial: nestas titulacións as prácticas son obrigatorias e lévanse a cabo no seu derradeiro cuadrimestre.
Independentemente do tipo de prácticas que se oferten, é necesario dispoñer dun convenio de colaboración en vigor, de cuxa tramitación encárgase a Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
Prácticas curriculares
Xestionadas directamente pola ESEI, son prácticas que están incluídas no plano de estudos do alumnado (ben optativas como no Grao en Enxeñaría Informática, ou obrigatorias nas restantes titulacións). Realízanse obrigatoriamente durante o curso académico, pois teñen o carácter administrativo de calquera outra materia.
- Normativas de prácticas externas curriculares da ESEI
- Normativa e documentación de prácticas da UVigo
- Formularios prácticas en empresas da ESEI
As empresas interesadas en ofertar prácticas curriculares enviarán as súas propostas nos prazos establecidos pola ESEI. Por suposto, se coñeces algunha empresa na que che interese realizar as prácticas só tés que poñerte en contacto co coordinador de prácticas do centro.
OFERTA PRÁCTICAS CURSO 2025-2026
Dentro do plan de melloras da ESEI reestructuraronse as convocatorias de prácticas en empresas para axeitalas temporalmente o cuatrimestre correspondente.
1ª convocatoria:
Oferta de prácticas curriculares 2025-2026 Grado en Enxeñaría Informática
Oferta de prácticas curriculares 2025-2026 Máster en Enxeñaría Informática
Oferta de prácticas curriculares 2025-2026 Máster en Intelixencia Artificial
2ª convocatoria:
Esta convocatoria se realizará a finales de noviembre de 2025.
Contacto:
Francisco Javier Rodríguez Martínez
Email: emprego@esei.uvigo.es
Tel: (34) 988 387 022
Prácticas extracurriculares
Xestionadas pola FUVI. Son máis flexibles para a empresa e o/a estudante, pois entre outras cuestións pódense convocar e cursar en calquera momento, a empresa pode seleccionar ó/á alumno/a entre as persoas solicitantes, e poden realizarse fóra do curso académico. Segundo a normativa da Universidade, estas prácticas deben ser remuneradas se superan as 240 horas, e non poden durar máis de 6 meses.
Contacto:
Sandra Morales Lloves
Fundación Universidade de Vigo
Edificio Administrativo, Campus As Lagoas s/n
32004 Ourense
Email: practicasou@fundacionuvigo.es
Tel: (34) 988 368 898
