Bolsas de formación en Sistemas Informáticos 2026/2027

Encóntrase aberto o prazo de presentación das solicitudes para as Bolsas de formación en Sistemas Informáticos 2026/2027 ata o 31 de xullo de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede.

O obxectivo destas bolsas é o de desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través de fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.