Alumnado seleccionado Erasmus 2026/2027 na ESEI

Acaba de ser publicada a listaxe provisoria do alumnado seleccionado e en lista de espera Erasmus da ESEI para o curso 2026/2027. O alumnado solicitante ten que ter recibido un correo na conta indicada na solicitud con dita lista provisoria.

Establecese un prazo de alegacións de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes provisionais (de 06/03/26 á 12/03/26). O escrito de alegacións será dirixido á persoa responsable das relacións internacionais da Escola Superior de Enxeñería Informática (Alma Gómez Rodríguez, na dirección esei.move@uvigo.es).

Convócase a todo o alumnado seleccionado ou en lista de espera a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores 11/03/2026 ás 14:30 no Salón de Graos do Edificio politécnico. A asistencia a esta reunión e obrigatoria, por iso convócase fóra do horario de clase.