Suspensión da actividade docente no campus de Ourense o 23/1

Informamos de que mañá, venres 23 de xaneiro, queda suspendida a actividade docente no campus de Ourense, incluídos os exames, por mor da alerta por neve.

Mañá enviarase información sobre as novas datas dos exames.

Lembramos tamén que o luns é festivo polo patrón da Universidade, San Tomé de Aquino.

A actividade académica retomarase con normalidade o martes.