Dende a Dirección do Centro estableceuse que o venres 2 de maio recuperarase a actividade docente correspondente ao martes 29 de abril. Manterase o mesmo horario e aulas asignadas, é dicir, trasládase en bloque o horario de hoxe martes para o venres.
No caso do Grao en Enxeñaría Informática (GREI), as clases de onte pola tarde, recuperaranse o próximo luns 5 de maio a continuación das clases establecidas por horario (é dicir, a partir das 17:30 ou 18:00 segundo corresponda). No caso dos mestrados, o profesorado acordará co alumnado cando recuperar as clases.
Se algún profesor/a ten incompatibilidade para impartir clase o venres, porase en contacto co alumnado e acordarán outro día.