O venres 21 de febreiro deuse publicidade mediante correo enviado ao alumnado solicitante e publicación no taboleiro do centro da listaxe provisoria do estudantado seleccionado e estudantado en lista de espera das prazas ERASMUS da ESEI para o curso 25/26.
Establecese un prazo de alegacións de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes provisionais. O escrito de alegacións dirixido á persoa responsable das relacións internacionais da Escola Superior de Enxeñaría Informática deberá enviarse por email a esei.move@uvigo.gal antes do 28 de febreiro de 2025 ás 14:00 horas.
Convocase a todo o alumnado seleccionado ou en lista de espera a unha reunión obrigatoria que terá lugar o vindeiro martes 25/02/2025 ás 14:30 no Salón de Grados do Edificio Politécnico. A asistencia a esta reunión e obrigatoria, por iso se convoca fora do horario de clase.