A escudaría UVigo Motorsport participou por primeira vez na Formula Student UK, e fíxoo cuns resultados moi bos. Por unha banda, acadaron a 10ª posición no ranking xeral dunha competición na que participaron máis de 60 equipos e, ademais, foron nomeados “Best Newcomer 2023” (é dicir, mellor equipo debutante) na gala final celebrada o domingo 23 de xullo. Por outra banda, na clasificación relativa á parte informática, acadaron o decimoterceiro lugar no ranking xeral, dun total de 20 equipos, e foron o terceiro mellor debutante.
A escudaría UVigo Motorsport naceu en 2014 da mán dun grupo de estudiantes da Escola de Enxeñaría Industrial e actualmente agrupa a 71 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo, incluíndo a alumnado da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Desde aquí dámosvos os parabéns e desexámovos ánimo e sorte nas próximas competicións!