Participar nas enquisas de avaliación docente ten premio!

Auriculares sorteo enquisas avaliación docente

Actualmente e ata o venres 19 de maio está aberto o prazo para a realización das enquisas de avaliación docente das materias do segundo cuadrimestre. Ditas enquisas, dispoñibles para as titulacións de grao, PCEO e MEI, están accesibles a través da secretaría virtual e son importantes tanto para a Universidade de Vigo como para a nosa escola, pois son analizadas (dun xeito completamente anónimo) pola comisión de calidade e serven de base para as accións de mellora que se levan a cabo na escola e nas titulacións.

Animámosvos a todas e todos a participar xa que ademais de estar colaborando connosco tamén participaredes no sorteo de 4 auriculares coma os que aparecen na imaxe.

Grazas a todas e todos pola colaboración!