Alumnos da ESEI acadan o segundo posto na competición AETHER

O pasado domingo 9 abril celebrouse a final da liga ÆTHER UNIVERSITY, na que o equipo Thunders UVIGO acadou o segundo posto no League of Legends. Este equipo, que está formado por alumnos da ESEI e de outros centros da Universidade de Vigo, encóntrase entre os 8 mellores de España que participan nesta competición de élite universitaria de Amazon UNIVERSITY Esports España. Grazas a isto, foron recompensados con 500€ de premio.

Agora, este equipo participa na gran final da temporada 8 de League of Legends e disputará as semifinais o próximo 23 de maio. A final será o 29 e 30 de abril, así que animamos a este equipo a acadar a clasificación para unha nova final!