Apertura 2º plazo selección prácticas curriculares curso 2021-2022

Está aberto o prazo de solicitude de asignación de prácticas en empresas para as titulacións de Grao e Master en Enxeñaría Informática para realizar durante o curso 2021/2022.

As solicitudes deben presentarse a través dun dos seguintes formularios:

O/A solicitante indicará ata 5 opcións, por orde de preferencia. Pódense solicitar varias prácticas na mesma empresa (por exemplo, en diferentes cuadrimestres e/ou con diferente duración en horas), pero sempre axustándose á oferta da empresa (é dicir, non se terán en conta solicitudes para cuadrimestres e/ou ECTS que non sexan ofertados).

IMPORTANTE: hai varias empresas que ofertan diferentes programas formativos, e que se diferencian por un número entre paréntesis a continuación do nome da empresa. É IMPRESCINDIBLE que se faga constar o número correcto desa oferta na solicitude.

O prazo de solicitude finaliza o 25 de xaneiro de 2021, ás 23:59 horas.

A asignación de prácticas realizarase por orde de expediente, segundo o establecido pola normativa vixente.

Pódese consultar toda a información referente ás ofertas de prácticas na web da ESEI, no apartado de Prácticas curriculares ou nos documentos anexos.

Tamén está dispoñible na web da ESEI a oferta de Prácticas Extracurriculares, que se xestionarán directamente coa FUVI (practicasou@fundacionuvigo.es – 988 368 898).

Ante cualquer dúbida sobre as prácticas, contactar coa responsable de prácticas externas da escola no enderezo:: emprego@esei.uvigo.es ou chamando ao 988387028.