O Concello de Ourense incorporará 20 científicos ao Centro de Intelixencia Artificial, e abre a convocatoria para que as persoas interesadas poidan optar a estas prazas: 17 para enxeñeiros senior de datos e software, e 3 para técnicos de software e de sistemas.
As persoas interesadas en incorporarse ao proxecto poderán presentar as súas solicitudes desde hoxe, venres, até o día 9 de abril.
Tal e como se concreta nas bases da convocatoria, para optar as prazas de enxeñeiro senior de datos é preciso, entre outras, estar en posesión do título de Grao en Enxeñería Informática.
As bases e a convocatoria están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense, e na páxina web do Concello.
- Convocatoria de técnicos de software de sistemas
- Convocatoria de enxeñeiro senior de datos e software