Xornadas de acollida curso 2024/2025

O vindeiro xoves 12 de setembro de 2024 terán lugar as xornadas de acollida da ESEI, orientadas a alumnado de Grao en Informática, Grao en Intelixencia Artificial, Dobre Grao ADE-
Informática, Mestrado universitario en Enxeñaría Informática, Mestrado universitario en Intelixencia Artificial e PARS.

As xornadas comezarán ás 10:00 co acto de benvida por parte do equipo directivo, no que tamén se presentarán o PAT-ANEAE e a ESEIDA. Ás 11:00 terá lugar a primeira reunión PAT-ANEAE, co obxectivo de que cada alumno/a se reúna no lugar indicado co seu titor/a de PAT-ANEAE. Ás 12:00 farase un taller de introdución á informática á cargo do Prof. Dr. Daniel González Peña e o Prof. Dr. Miguel Reboiro Jato, da área Linguaxes e Sistemas Informáticos.

Ademais, o mércores 6 de setembro terán lugar as xornadas de benvida da Universidade de Vigo no pavillón universitario do Campus de Ourense.

As clases comezarán o venres 13 de setembro de acordo cos horarios dispoñibles.