Xornada de portas abertas na ESEI

O vindeiro sábado 10 de xuño de 2023 a Escola Superior de Enxeñaría Informática celebra unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer ao futuro alumnado as titulacións impartidas polo centro. As xornadas están dirixidas ao novo alumnado e as súas familias.

As xornadas comezarán ás 10:30h coa apertura de portas e visita libre ás instalacións para continuar, ás 11:00h, cunha presentación da ESEI e as súas titulacións, especialmente o Grao en Enxeñaría Informática e o Grao en Intelixencia Artificial. Posteriormente, ás 11:30h, haberá unha mesa redonda sobre as posibles saídas profesionais, seguida dunha quenda de roldas de preguntas dos asistentes.

Para calquera dúbida estamos dispoñibles a través do correo electrónico info@esei.uvigo.es ou do WhatsApp +34 628 816 000.

Animámosvos a achegarvos ata o noso centro para participar nestas xornadas e coñecernos mellor!