Oracle4Girls Ourense

Oracle4girls é unha iniciativa de Oracle que nace en 2017 co obxectivo de inspirar ás mozas para estudar carreiras de ciencias e tecnoloxía, o que se coñece por STEM (Science, Tecnhnology, Engineering and Mathematics). Incentivar o interese por estes estudos constitúe o gran desafío da nova educación e das novas profesións.

Desde Oracle4girls búscase equilibrar a porcentaxe de representación feminina na contorna tecnolóxica do futuro, a través de talleres que fagan da ciencia e a tecnoloxía dúas áreas atractivas para as máis pequenas. Con diferentes sesións para nenas de entre 4 e 16 anos desenvólvense, en modo lúdico, talleres baseados en robótica, programación, impresión 3D e en diferentes áreas tecnolóxicas preparadas para as máis pequenas. Unha experiencia diferente, divertida e creativa para sacar o lado máis techie das participantes. A iniciativa xa visitou cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga ou Bilbao e nesta ocasión celébrase en Ourense, o sábado 11 de febreiro, aquí na Escola Superior de Enxeñaría Informática (Universidade de Vigo), coincidindo co día internacional da muller e a nena na ciencia.

Horario e información principal dos talleres e formulario de rexistro.