Descubre como se xestionan os datos do maior experimento científico do mundo!
Este luns, 10 de febreiro ás 17:00, únete a nós para unha charla fascinante que te levará ao corazón da xestión de datos no CERN:
“Diluvio de Datos: Tecnoloxías usadas no CERN para gardar os exabytes de información dixital que xera o LHC”
Poñente: Hugo González Labrador, Storage Engineer no CERN con 10 anos de experiencia.
De que trata?
Exploraremos a evolución do almacenamento dixital, dende os medios físicos ata os sistemas distribuídos. Descubriremos como o CERN manexa máis de 2.5 exabytes de datos do Large Hadron Collider. Ademais, Hugo compartirá información sobre programas de bolsas e oportunidades laborais no CERN.
Sobre o poñente:
Hugo é un experto en software defined storage e xogou un papel clave en proxectos innovadores como CERNBox. É un apaixonado do código aberto e co-organizou o maior hackathon de Go xunto con Google.
Onde?
Salón de Graos da ESEI (Escola Superior de Enxeñaría Informática)
Luns 10 de febreiro, 17:00
Non perdas esta oportunidade única de aprender sobre big data na fronteira da ciencia!
#CERN #BigData #AlmacenamentoDixital #ESEI #OportunidadesLaborais