Este encontro pretende ser un espazo de reflexión e colaboración arredor da formación dual e ofrecer unha plataforma par compartir experiencias e explorar modelos de éxito. Tamén busca fomentar o debate sobre o estado actual dos mestrados con formación dual en España, tomando como referencia casos europeos como os de Francia e Alemaña e centrándose especificamente en Galicia.