Robótica Intelixente II / Intelligent Robotics II
– Coñecer e comprender os elementos básicos dun sistema robótico intelixente
– Coñecer os principios de funcionamento dos distintos tipos de sensores e actuadores en robótica.
– Comprender a diferenza entre sensorización e percepción.
– Coñecer os fundamentos e diferenzas entre as aproximacións baseadas en coñecemento e comportamento para o deseño de sistemas de control intelixente.
– Coñecer os diferentes elementos dunha arquitectura cognitiva tal e como se adoitan implementar nos robots autónomos.
– Coñecer as particularidades das técnicas de aprendizaxe cando son usadas en robótica, prestando especial atención á aprendizaxe aberta e continua, así como o orientado á colaboración, xa sexa con outros robots ou con humanos, para a resolución de problemas.
– Saber implementar, aínda que sexa de forma simplificada, exemplos / elementos de todo o visto en teoría (compoñentes dunha arquitectura cognitiva, métodos de aprendizaxe, etc.).