A ESEI dispón dun Plan de Autoprotección. O documento establece o marco orgánico e funcional dispoñible no Edificio Politécnico, co obxecto de previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens así como para dar resposta axeitada ás situacións de emerxencia na mesma e garantir a integración co sistema público de Protección Civil.
O Plan de Autoprotección aborda a identificación e avaliación de riscos así como as medidas de protección e outras actuacións a adoptar en caso de emerxencia.
Neste tríptico amósase un pequeno resumo do que facer en caso de emerxencia:
No Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo pódese encontrar máis información. O Servizo de Prevención de Riscos Laborais creouse co fin de velar pola seguridade e saúde de todas as persoas que traballan nas instalacións da Universidade de Vigo. Entre as accións que leva a cabo poden mencionarse a planificación de diferentes actividades de prevención, labores de formación e información en materia de seguridade e saúde, a realización de inspeccións de seguridade ou a colaboración nos programas de axuda a fumadores no ámbito laboral.